Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de junio de 2013

MARIA, ZAIDA E TOÑI CONVOCADOS COA SELECCIÓN GALEGA



A Federación Galega de Ciclismo por medio do seu seleccionador, ven unha vez mais a recoñecer o nivel dos ciclistas do Club Ciclista O Rosal xa que ven de convocar de novo a tres intregrantes da nosa plantilla para representar a Galicia.
María Correa e Zaida González foron seleccionadas para defender o Maillot da Selección Galega  os vindeiros días 6 e 7 de xullo nos Campionatos de España en Idade Escolar en León.
Pola súa banda Antonio Portela defenderá as cores de Galicia na XIX BIZKAIKO ITZULIA os días 4, 5, 6 e 7 de xullo.







lunes, 24 de junio de 2013

CLASIFICACIÓN DEFINITIVA TROFEO SPONSOR (PADRÓN)


Unha vez que xa dispoñemos das clasificacións da carreira de Padrón, imos publicar como quedaron os nosos ciclistas, ainda que tamén queremos suliñar que o Club Ciclista Padronés, organizador da proba non tivo a ben de destinar trofeos as Féminas, polo que Sara Alvarez quedouse sin subir o Pódio, o mesmo que as outras once Féminas de outros Clubes que tiñan dereito o trofeo.
Como xa comentabamos na entrada anterior, en Principiantes Luís era 2º, Yasir 3º, David Rodríguez 7º, Rubén Carnero 8º, Adrian Alonso 16º, David Carnero 26º e Sara 41ª na xeral o cometer dous erros e 3ª Fémina.
En Alevíns, Mario era 2º, David Fletcher que a piques estaba de subir o Pódio facía 4º, Iago Alvarez 14º e Irea Villa 33º xeral e 4º Fémina.
En Infantís Manuel Dorna era 20º, María Correa 34ª xeral e 4ª Fémina mentras que Fran Mendez quedaba descolgado i era baixado da carreira.
Remataban os Cadetes e o millor clasificado sería Ero Sobrino 25º, Zaida González 33ª e 5ª Fémina, Elsa Portela 34ª xeral e 6ª Fémina e Claudia Portela 36ª e 8ª Fémina mentras que Xoel Villa tamén quedaba descolgado da cabeza de carreira i era baixado da mesma.
Polo que respecta o Júnior Raúl Fernández que participou no Triptico Ruta do Albariño, unha vez resolta a clasificacíon da etapa Cambados-Cambados, acadou o 28º posto polo que na Xeral Final quedaba como 17º ademais de ser 12º Júnior e 3º Júnior de primeiro ano.

domingo, 23 de junio de 2013

TROFEO SPONSOR (PADRÓN) e II TRIPTICO RUTA DO ALBARIÑO



En tres novos Pódios e no que imos resumir a carreira de onte pola mañán en Padrón, xa que como ven sendo habitual os Arbitros non dan unha a dereito e parece que cada vez van a pior polo que só podemos facilitar os postos do Pódio o carecer de Clasificación Oficial.
En Principiantes o vencedor era David García (C.C.Marín) seguido dos nosos Luís Mendez que se facía co 2º posto e Yasir Martínez que se levaba o 3º.
En Alevíns era Mario Fernández o que subía o "caixón" co 2º posto.
Mentras isto acontecía, en Meaño os Juniors Antonio Portela e Raúl Fernández, participaban na Cronoescalada do Triptico do Albariño de 3 Kms. para as categorías de Júnior e Sub-20, quedando Toñi no 22º lugar e 13º de Júnior mentras que Raúl era 36º xeral e 23º Júnior.
Xa pola tarde na etapa en liña Meaño-Meaño de 54 Kms., Toñi quedaba 20º xeral e 16º Júnior mentras que Raúl era 22º xeral e 18º Júnior.
Na mañán de hoxe disputabase a segunda etapa (Cambados-Cambados) de 69 Kms. e Portela entraba 5º xeral e 3º de Júnior polo que na Clasificación Xeral Final quedaba 13º e 8º de Júnior e 3º na Xeral de Metas Volantes.
Pola súa parte Raúl sofría outra de Arbitros que pese a entrar no Pelotón , éstes non se enteraban e non o clasificaban, polo que quedamos a espera da reclamación presentada polo Club Ciclista O Rosal para poder asignarlle un posto definitivo na Clasificación.

Fotos de Padrón

domingo, 16 de junio de 2013

DERRADEIRA ETAPA DA 27ª VUELTA AL BESAYA

No día de hoxe disputouse a derradeira etapa da Vuelta al Besaya con moi boa actuación de Raúl e Toñi.
Discurría a etapa entre Cartes e Los Corrales de Buelna con 97,2 Kms. e Portela entraba 14º a 4:30 do vencedor e Raúl entraba 43º a 8:54.
Na Clasificación Xeral, Toñi quedaba clasificado 16º a 6:49, 9º na Xeral de Regularidade, 8º na Xeral da Montaña e 3º na Xeral de Metas Volantes mentras que Raúl remataba 35º na Xeral e 8º en Júnior de primeiro ano

sábado, 15 de junio de 2013

TRES NOVAS VITORIAS E UN SEGUNDO EN VIVEIRO (LUGO)




Unha representación do Club Ciclista O Rosal desprazouse a Viveiro co gallo do 30º G.P Ciclista de San Roque acadando de novo grandes resultados.
En Principiantes Sara Alvarez voltou a vencer en Féminas e en Masculino foi Luís Méndez o que traía o primeiro posto para O Rosal.
En Alevíns era Mario Fernándezo noso representante e acadaba o 7º posto.
En Infantís era de novo María Correa a que acadaba o 2º posto en Feminino e Manuel Dorna o 14º en Masculino.
Remataban os Cadetes e Zaida González facíase coa vitória en Feminino mentras que Ero Sobrino remataba 16º.
Por outra parte os Junior continúan na Vuelta al Besaya donde no día de hoxe disputaron a segunda etapa. Pola mañán disputaban unha contrareloxo por equipos  e a Selección Galega remataba 7ª perdendo 46 segundos e pola tarde disputaban unha etapa moi dura e Antonio Portela remataba 31º a 1:52 do vencedor mentras que Raúl Fernández entraba 46º a 2:31. Con éstes tempos, Portela queda 23º na Xeral a 2:19 e Raúl 36º a 3:55. Raúl tamén queda 7º en Júnior de primeiro ano mentras que Toñi baixa o 8º posto na Xeral de Regularidade e tamén 8º na Xeral da Montaña mentras que na Xeral das Metas Volantes conserva o 2º posto.
Fotos da carreira

viernes, 14 de junio de 2013

TERCEIRO POSTO DE PORTELA NA PRIMEIRA ETAPA DA VUELTA AL BESAYA

Disputouse no día de hoxe a primeira das tres etapas da Vuelta al Besaya que despois de cuatro pasos de montaña e finalización no alto de La Campa de Torres, Antonio Portela remataba no 3º posto logo de percorrer 100,9 Kms. e 41,800 Kms. de velocidade média e entrar na liña de meta nun apretado esprint co mesmo tempo do gañador da etapa. Ademais disto, Toñi foi o gañador da Meta Volante de Los Corrales situada no Km. 87 polo que se sitúa 2º na clasificación xeral das mesmas. Tamén se sitúa 3º xa Xeral da Montaña e 3º na Xeral de Regularidade polo que no día de mañán vai sair a disputar a segunda etapa co Maillot da mesma.
Pola sua banda Raúl tamén realizaba unha gran etapa o rematar 35º a 57" segundos da cabeza polo que acada éste posto na Xeral ademais de situarse 8º como Júnior de primeiro ano.

miércoles, 12 de junio de 2013

TOÑI E RAUL CONVOCADOS COA SELECCIÓN GALEGA NA VOLTA O BESAYA (CANTABRIA)

Raúl e Toñi foron convocados polo seleccionador galego para participar coa Selección Galega Júnior na Volta o Besaya en Cantabria entre os vindeiros dias 14, 15 e 16.
A primeira etapa terá un percorrido de 100,9 Kms. entre Los Corrales de Buelna e Bostronizo.
A segunda etapa constará de dous sectores e o primeiro será pola mañán cunha contrareloxo por equipos de 14 Kms. entre Comillas e Rulloba. Xá pola tarde disputarase o segundo sector e será aquí donde os nosos ciclistas van ter que empregarse a fondo pois vai ser un percorrido de 50,4 Kms. con saída en Santander e chegada no mítico Alto de Peña Cabarga.
Para rematar a volta será no domingo que se vai disputar outra dura etapa entre Cartes e Los Corrales sobre un percorrido de 97,2 Kms. cun  porto de 1ª categoría, outro de segunda e dous máis de terceira.



domingo, 9 de junio de 2013

CAMPIONATO DE GALICIA CONTRARELOXO INDIVIDUAL CADETE

Hoxe pola mañán en Codeseda (A Estrada) tiña lugar o CAMPIONATO DE GALICIA CONTRARELOXO INDIVIDUAL CADETE cun clima un chisco frío xa que orballaba e non lucía o sol.
En Feminino destacamos a gran actuación de Zaida González que despois dunha gran contrareloxo, quedaba as portas do Pódio e que por tan só once segundos tiña que conformarse co 4º posto.
En Masculino tanto Ero como Xoel daban todo de sí mesmos para rematar 24º e 32 respectivamente.
En Asturias os Júnior Toñi Portela e Raúl Fernández competían nun accidentado G.P. La Calzada puntuable para a Copa de España no que Raúl se atopaba involucrado nunha caída e remataba 27º mentras que Toñi remataba 14º.
Fotos do Campionato de Galicia. 

VITORIAS DE YASIR E SARA NO XXII TROFEO PISTA DAS FAIAS




Hoxe sabado pola tarde o Club Ciclista O Rosal organizou o XXII TROFEO PISTA DAS FAIAS para as categorías de Principiantes, Alevíns e Infantís donde os nosos ciclistas acadaron cinco novos Pódios dos cuales dous foron vitórias.
Comenzaron os Principiantes coa Ximcana e a nosa representante Sara Alvarez continúa a contar por vitorias as suas participacións pois leva cinco de cinco en Féminas.
Xa en Masculino, Yasir Martínez  voltaba o máis alto o facerse cunha vitória incontestable. Outro que tamén voltaba o Pódio era David Rodríguez co 2º posto mentras os irmáns Carnero Taveira tamén realizaban unha gran actuación o rematar 4º Rubén e 5º David. Alberto García era brillante 7º e Iker Rodríguez mostraba a súa progresión o rematar 8º mentras que dous dos favoritos a estar no "caixón" como son Luís Mendez e Sergio Vicente, cometían sendos erros e remataban 11º e14º respectivamente seguidos de Adrian Alonso 17º e David Vicente 37º.
Pola Súa parte os Alevíns realizaban unha moi boa carreira xa que en Féminas Irea Villa remataba 4ª mentras que en Masculino Mario Fernández subía o Pódio co 3º posto seguido de David Fletcher 5º e Iago Alvarez 8º.
En infantís Feminino, María Correa tamén subía o Pódio co 2º posto mentras que en Masculino unha caída a duas voltas do final, provocaba que se tivese que suspender a carreira e tanto Manuel Dorna como Fran Mendez, non estén clasificados.
Mentras todo isto acontecía no Rosal, en Asturias competían os Júnior Raúl Fernández e Antonio Portela no XVI GRAN PRÉMIO VICENTE LÓPEZ CARRIL en Candás cuns fantasticos 5º posto para Portela e o 8º para Raúl. No día de mañán continuarán por terras asturianas competindo no XXII GRAN PREMIO CICLISTA LA CALZADA puntuable para a Copa de España.
Pola súa banda os Cadetes Zaida Martínez, Ero Sobrino e Xoel Villa desprazaranse ate A Estrada para disputar o Campionato de Galicia de Cotrareloxo Individual.
Fotos da carreira das Faias 

martes, 4 de junio de 2013

XXII TROFEO PISTA DAS FAIAS

O vindeiro sabado a partir das 5 da tarde o Club Ciclista O Rosal Organiza o XXII TROFEO PISTA DAS FAIAS na pista de ciclismo en Tabagón.
Éste 22º Trofeo contará con participantes de toda Galicia e do norte de Portugal para a categoría de escolas (Principiantes, Alevíns e Infantís).


domingo, 2 de junio de 2013

PRIMEIRA VITÓRIA DE LUIS MENDEZ

Do calor do Val do Rosal o frío da Costa da Morte con 11 grados de temperatura no I TROFEO CONCELLO DE DUMBRIA na tarde de onte sabado con tres novo Pódios "rosaleiros".
Comenzaban os Alevíns e Mario Fernández a pesar de liderar a carreira por momentos, o final tivo que conformarse co 5º posto. Sería en Alevín Feminino donde chegaría o primeiro Pódio da man de Irea Villa que remataba nun gran terceiro posto.
En Infantil era Manuel Dorna quen nos representaba que a pesar dos esforzos realizados, remataba no 17º posto.
En Cadetes Ero Sobrino era baixado da carreira a tan só 3 Kms. da meta. En Feminino chegaba un novo Pódio con Zaida González con outro terceiro posto mentras que Elsa remataba 4ª e Claudia 5ª.
Remataban os Principiantes e Luís Mendez como único "rosaleiro" da categoría empregábase a fondo para colleitar a súa primeira vitória o subir o mais alto do "caixón".
Na foto podemos ver os nosos premiados co exciclista  profesional do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera que lles fixo a entrega dos trofeos.
Xa no día de hoxe Raul Fernández e Antonio Portela, disputaban o 18º Prémio F.C. Ramalde Júnior en Gondomar (Portugal) no que acadaron o 25º posto para Raúl e o 9º para Toñi.
Fotos da carreira.