Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 8 de junio de 2014

PLENO ROSALEIRO NO PODIO DE PRINCIPIANTES NA PRAZA DO CALVARIO


No IX TRFEO COMUNIDADE DE MONDES DE SANTA MARIÑA organizado polo C.C. O Rosal coa colaboración da Comunidade de Montes de Stª Mariña, Concello de O Rosal e Protección Civil de Tomiño e tódalas firmas comerciasis que colaboraron nesta tarde de ciclismo, os Principiantes do noso Clube coparon o Pódio da categoría e aínda máis xa que o C.C. O Rosal conseguíu clasificar os seus seis integrantes nos oito primeiros postos.
O máis alto do caixón voltaba o dominador da tempada que non é outro que Yasir Martínez acompañado por David Rodríguez no 2º posto e Sergio Vicente no 3º. Pablo Rodríguez era 5º, David Vicente 6º e Iker Rodríguez 8º. Sen dúbida unha grande fazaña para os nosos ciclistas máis novos.
En Alevíns Iago Alvarez loitaba durante toda a carreira polos postos de cabeza para o final rematar 6º. Pola súa parte Luís Mendez sofría unha caída que lle impadía millorar o 20º posto acadado mentras que o combativo Adrián Alonso remataba nun destacado 27º posto.
En Alevíns Feminas Laura Teniente a piques estaba de subir o Pódio o rematar na 4ª posición seguida de Irea Villa na 5ª e Sara Alvarez na 6ª
En Infantís Mario Fernández remataba 19º, David Fletcher 35º e Fran Mendez 36º mentras que a Fémina María Correa voltaba a subir o "caixón" o rematar 3ª.
En Cadetes o millor clasificado sería Ero Sobrino no 20º posto seguido de Manuel Dorna 21º e Xoel Villa 28º. Pola súa parte a Fémina Zaida González cunha gran carreira na que estaba loitando polo primeiro posto, a fin tiña que conformarse con ese esplendido 2º posto final.
Na categoría Júnior o noso representante Raúl Fernández non podía tomar a saída xa que se atopa convalecente dunha gripe que o leva apartado da bicicleta dúas semanas.
Fotos da carreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario