Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 10 de abril de 2016

BTT DE FERROL

Na tarde do onte sabado a compoñente da xunta directiva do C.C. O Rosal Maite Pérez e Paco Santomé desprazaban a Ferrol un equipo de BTT para participar no Open de Galicia XCO con resultados moi satisfactorios para os nosos integrantes.

En categoría de Cadete era Mario Fernández o encarregado de defender as nosas cores, pero as secuelas dos dous días de enfermidade que sofría nesta semana o obrigaban o abandono na segunda metade da carreira.

En Júnior eran cinco os que nos representaban e de entre eles o millor calsificado era Adrian Santomé cunha estupenda 6ª posición na clasificación final seguido dos novos integrantes da nosa plantilla Cesar Cividanes na 7ª e Javi Santos na 8ª con Xoel Villa na 10ª i Ero Sobrino na 11ª.

En Féminas Júnior Zaida González que actualmente se atopa cedida no Club Ciclista Cidade de Lugo acadaba o pódio na 2ª posición.

Mentras isto acontecía pola tarde en Ferrol, pola mañán en Fontiveros (Avila) a Cadete María Correa participaba na Copa de España de Féminas en Estrada co resultado de 49ª nesta carreira con corredoras de categoría internacional.
Fotos do BTT de Ferrol por Paco Santomé

No hay comentarios:

Publicar un comentario