Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 25 de julio de 2016

VITÓRIA DE SERGIO E TERCEIROS POSTOS DE LAURA E PABLO EN LUOU (TEO)




Esta fin de semana a competición iniciabase o sábado en Marín co Trofeo Virxe do Carme de categoría Cadete con Mario Fernández que a piques estaba de de subir o Pódio o rematar no 4º posto  e María Correa que remataba entre as primeiras en Féminas.

Xa na mañán de onte domingo en Teo celebrábase o Trofeo Vila de Luou donde en Promesas Roi Alvarez acadaba o 6º posto e Lucas Alvarez o 9º.

En Principiantes era Pablo Rodríguez o que subía o "caixón" no 3º posto i Emilio González no 14º mentras que a Fémina Irene Rodríguez era 4ª.

En Alevín e despóis de dominar toda a carreira, demostrando a súa supremacía no día de onte, chegaba a vitória de Sergio Vicente seguido de Miguel González no 18º lugar.

En Infantíl eran as Féminas as que nos ofrecían tamén un bo espectáculo, especialmente Laura Teniente que remataba no 3º posto do Pódio seguida de Irea Villa no 4º.
En Masculino Diego Santomé era o mais adiantado o rematar 6º. Boa actuación tamén de Iago Alvarez e Luís Mendez que remataban 14º e 19º respectivamente.

Remataba a xornada en Sarria donde os Júnior tomaba parte no descenso urbano desta vila lucense con Adan Castiñeira 11º, Javi Santos 12º, Adrán santomé 15º e César Cividanes 17º.
 FOTOS DE LUOU
FOTOS DE SARRIA por Paco Santomé

No hay comentarios:

Publicar un comentario