Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 1 de enero de 2017

MARIO DESPIDE O 2016 CO SUBCAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCRÓSS

Gran peche de tempada do ciclocróss galego para Mario Fernández que na xélida mañán de onte en Culleredo (A Coruña) se facía co Subcampionato de Galicia de Ciclocróss na categoría Cadete.

Comenzou a carreira cun man a man entre Mario e Carlos Canal (C.C. Maceda) pero co decorrer da carreira Carlos distanciaba a Mario e éste facía o mesmo cos seus perseguidores mais inmediatos o que lle valía para traerse para O Rosal a Medalla de Prata desta categoría Cadete.
Os seus compañeiros Diego Santomé e Iago Alvarez non tiñan o seu millor día e remataban na 9ª e 12ª prazas respectivamente.

Tan só nos quedaba o Sub-23 Xoel Villa que era quién de acadar a 8ª posición na liña de chegada.
O Club Ciclista O Rosal tamén se congratula cos seus ex-corredores como son Raúl Fernández e Zaida González, xa que Raúl imitaba e seu irmán Mario e lograba o Subcampionato na categoría Sub-23, premio que tamén se levaba Zaida nesta mesma categoría pero en Féminas. 
Parabén a todos eles e sorte para o vindeiro fin de semana nos Campionatos de España en Valencia.
FOTOS DOS CAMPIONATOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario