Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

jueves, 18 de mayo de 2017

OS NOSOS NON FALLAN NA PISTA DAS FAIAS E LEVANSE CATRO PÓDIOS

Na carreira da casa demostramos a nosa fortaleza coas categoría de Escolas donde se colleitaban catro Pódios que quedaban repartidos como vos contamos:

En Promesas Roi Alvarez a piques estaba de subir o "caixón" o rematar no 4º posto mentras que Iker González era 9º.

Pablo Rodríguez era o que se levaba o triunfo en Promesas e David Vicente o o terceiro mentras que en Feminino Irene Rodríguez era a que voltaba o mais alto o facerse coa vitória.

En Alevíns emocionante derradeira volta a de Iker Rodríguez que atacaba dende lonxe para situarse en cabeza pero que na recta de meta era superado e se lle escapaba a vitória e remataba segundo.

En Infantís o millor "rosaleiro" era Luís Mendez que acadaba o 10 posto mentras que Adrián Alonso era 17º , David Rodríguez 21º e Yasir Martínez 22º.
Fotos de Alberto Rodríguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario