Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 4 de junio de 2017

O XII TROFEO MONTES DO ROSAL SALDOUSE CON TRES NOVOS PÓDIOS

Con preto de 200 ciclistas incritos, o Club Ciclista O Rosal organizou na tarde de onte sabado o XII Trofeo Montes do Rosal.

Comenzaban os "ximcaneiros" e Roi Alvarez quedabase a un pasiño de subir o pódio o rematar na 4ª praza, mentras que Lucas Alvarez acadaba o 7º posto e Iker González o 18º.

En Principiantes o gran favorito para levarse o triunfo era Pablo Rodríguez e non nos defraudaba o conquistar o 1º posto. O que tamén realizaba unha grande proba era Alvaro González que compartía "caixón" con Pablo, concretamente na 3ª posición mentras que David Vicente remataba 8º. En Féminas era Irene Rodríguez quien tamen se quedaba as portas de acadar trofeo o rematar na 4ª posición.

Continuaban os Alevíns e nesta xornada o noso representante era Iker Rodríguez que loitaba nas primeiras posicións para acadar o 5º posto.

En Infantís os nosos representantes víanse afectados por unha caída e David Rodríguez retirabase da carreira mentras que Adrian Alonso recuperaba posicións para facerse co 19º posto.

En Cadetes gran carreira de Mario Fernández que fixo os 25 kilómetras da mesma sempre no grupo de cabeza para rematar no 7º posto, mentras que Iago Alvarez era 35º. En Féminas Irea Villa o igual que Mario, tamén se facía coa 7º praza.

Remataba María Correa que na categoría Júnior Feminino se facía con outra vitória que apuntarse o seu palmarés.
Fotos da Carreira  
Video

No hay comentarios:

Publicar un comentario