Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 27 de agosto de 2017

PABLO FAISE COA VITORIA NUHA LONGA FIN DE SEMANA DE CICLISMO


Onte era a primeira xornada do XLIV GRAN PREMIO CICLISTA CIDADE DE VIGO na rúa Areal donde a nosa expedición arrincaba unha vitória.

En Promesas Lucas Alvarez era 5º mentras que Roi Alvarez facía terceiro para logo dar paso os Principiantes e de novo Pablo Rodríguez se facía coa vitória sin dar opción os seus rivais, mentras que Unai Fernández era 6º, David Vicente 8º e Alvaro González 12º. En Féminas Irene Rodríguez desta volta quedábase sen Pódio o rematar na 5ª posición.

En Alevíns, loita ata o derradeiro centímetro por parte de Iker Rodríguez que no esprint final acadaba o 4º posto.

En Infantís Sergio Vicente era o millor clasificado o rematar 24º mentras que Adrián Alonso era 27º.

Rermataba o Cadete Iago Alvarez co 22º posto.

Xa na mañán de hoxe disputábase a segunda xornada dividida en duas mangas con Irea Villa como protagonista. A primeira manga constaba da coñecida cronoescalada con saída na Porta do Sol e chegada no Monte Castro acadando a 7ª praza. Na segunda manga que era unha carreira no circuito que bordea o Monte Castro tamén acadaba o 7º posto polo que na xeral final tamén obtiña o mesmo posto.

A Cantabria desplazábase Mario Fernández que cedido o C.C. Padronés participaba na Vuelta al Besaya Cadete.
No venres nuha contrareloxo por equipos de 5 kms. acadaba o 9º posto a 7" dos vencedores. No sabado, etapa en liña na que entraba 40º a 4". Remataba a carreira na xornada de hoxe coa derradeira etapa en liña na que acadaba o posto 100 a 3:32 para facer 74º na clasificación xeral final a 3:36.

Pola súa parte María Correa disputou na mañan de hoxe o Campionato de España Júnior en Valladolid acadando a 38ª posición a 20:12 da vencedora.
FOTOS DA CARREIRA DE IREA

No hay comentarios:

Publicar un comentario