Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 22 de octubre de 2017

CICLOCCROSS VAL DE ESMELLE E CIDADE DE FERROL

Tan só os Cadetes Iago Alvarez e Luis Mendez se desprazaron a dobre cita co Ciclocróss, pois tanto Mario como Xoel que estaban convalecentes de sendas gastroenteritis e María por outras causas, non poideron asistir a Ferrolterra.

Onte sabado era a cita co I Ciclocróss Val de Esmelle  donde tomaban parte os nosos Cadetes. Iago remataba no 16º posto e Luis no 18º

Xa na mañán de hoxe era a volta do trofeo Ciudad de Ferrol e aquí Iago acadaba o 14º posto e Luis de novo era 18º.

Mentras tanto outra parte da directiva colaboraba na tarde de onte con Roberto Portela na organización da Carreira de Campeons de Vellas Glorias que se disputou con 20 voltas o circuito urbán da Guarda con remate no alto do Monte Santa Trega previo paso polo empedrado do Vía Crucis dende a Casa da Forestal.
O Gañador absoluto sería Moisés Leboso seguido de Marcial Rodríguez e Faustino Puga.

Participaron entre outros Alvaro Pino, Oscar Pereiro, Ezequiel Mosquera, Pepe Teixeira, o adestrador de fútbol Fernando Vazquez, etc.
Entre a Vellas Glorias do Club Ciclista O Rosal estaban o propio Roberto Portela, Gustavo Otero, Eloy Otero, Luís Alvarez e Javier Pereira. Suliñar que éste grupo de "rosaleiros" agasallou o noso presidente Gerardo Alvarez cunha placa en agradecemento polos máis de trinta anos que leva a frente do C.C. O Rosal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario