Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 8 de octubre de 2017

COMENZOU A TEMPADA DE CICLOCRÓSS






Coa disputa do Trofeo Ría de Marín daba comenzo unha nova tempada de Ciclocróss que se pechará no mes de xaneiro coa celebración dos Campionatos de España.
Non é moi habitual pero desta vez o noso equipo non foi capaz de traer para O Rosal ningún dos trofeos que se adxudicaban na mañán de hoxe.

Comenzouse as 9:30 coa categoría de Promoción na que participaban Irene Rodríguez e Pablo Rodríguez. Nesta categoría o ser de promoción, non existen clasificacións.

En Cadete era Iago Alvarez o noso representante que remataba no 13º posto mentras que Mario Fernández  que estreaba categoría en Júnior, arrancaba forte para situarse en cabeza pero mais tarde cando marchaba en terceira posición sofría un pinchazo que o facía rematar a carreira no 5º posto mentras que María Correa se facía co 8º en Féminas.

Remataba o Sub-23 Xoel Villa que acadaba o 6º posto.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario