Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 27 de noviembre de 2017

I TROFEO CONCELLO DE CULLEREDO DE CICLOCRÓSS

Onte domingo Iago Alvarez e Luis Mendez foron os únicos representantes do C.C. O Rosal que se desplazaron a provincia de a Coruña para participar no I Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocróss, donde Luis acadaba o 14º posto e Iago o 16º de categoría Cadete.

domingo, 19 de noviembre de 2017

XX CICLOCRÓSS MONTES DE EIRAS E I CICLOCRÓSS POIO MÓVESE


Dobre cita ésta fin de semana co ciclocrós. Onte sabado organizamos o XX Trofeo Montes de Eiras e hoxe pola mañán competimos no I Ciclocróss Poio Móvese.

Nunha tarde soleada na Praia de Eiras, excelente cita co ciclocróss coa XX edicion do Trofeo Montes de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal.

As 14:30 tomaban a saída as categorías de Promoción na que por parte do noso Clube tomaban parte Irene Rodríguez, Unai Fernández, Iker Rodríguez, Lucas Alvarez e Pablo Rodríguez.

A seguir foi a volta dos Cadetes e Luís Mendez acadaba o 11º posto mentras que Iago Alvarez se facía co 14º.

En Júnior Feminino era María Rodríguez a que se facía co 6º lugar mentras que en masculino Mario Fernández  dábao todo para estar no Pódio pero tiña que conformarse co 4º posto.

Remataba Xoel Villa que na categoría de Sub23 acadaba o 5º posto.
********************************************************************************
Na mañán de hoxe atravesamos a Ría de Pontevedra para tomar parte no I Ciclocróss Poio Móvese donde  Iago Alvarez clasificaba 18º en Cadete, Mario Fernández repetía o 4º posto de onte en Eiras na categoría Júnior e Xoel Villa que tamén repetía o 5º posto de onte.
FOTOS DE EIRAS
FOTOS DE POIO

lunes, 13 de noviembre de 2017

XVII TROFEO CIDADE DE SANTIAGO DE CICLOCRÓSS




Mañán de ciclocróss  onte nos arredores do estadio de San Lázaro coa disputa do XVII Trofeo Cidade de Santiago, donde competían catro dos nosos representantes.

Comenzaron os cadetes que facían un digno papel, pois Luis Mendez remataba no 14º posto e Iago Alvarez no 16º.

En Júnior era Mario Fernández o que defendía as cores do C.C. O Rosal, donde colleitaba o 6º posto da categoría.

Remataba o Sub-23 Xoel Villa que o igual que o seu compañeiro Mario, tamén acadaba o 6º posto.


jueves, 9 de noviembre de 2017

XX TROFEO MONTES DE EIRAS DE CICLOCRÓSS

Pouco mais dunha semana para a celebración do XX Trofeo Montes de Eiras de Ciclocróss que organiza o Club Ciclista O Rosal, valedeiro para a Copa de Galicia e puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo

Como de costume éste evento referencia no Baixo Miño, terá como escenerio o tradicional circuito da Praia de Eiras, un dos mais fermosos do calendario galego da especialidade.

Estarán en disputa os trofeos para as categorías de Máster (30, 40, 50 e 60), Cadete, Júnior, Sub-23 i Elite en masculino mentras que en feminino serán as categorías de Cadete, Júnior, Sub-23 i Elite as que loiten por acadar os primeiros postos das respectivas clasificacións.

Antes das competición oficiais tomarán a saídas as categorías inferiores de Promoción.

lunes, 6 de noviembre de 2017

MARÍA E LUÍS DE NOVO NO PODIO EN PORTUGAL


Onte foron tres ciclistas do noso clube os que participaron na segunda xornada do Open sentir Penafiel de Ciclocróss.

Os cadetes Luís Mendez e Iago Alvarez eran os primeiros en tomar a saída e Luís melloraba unha posición respecto a semana pasada e acadaba o 2º posto da clasificación e Iago a piques estaba de acompañalo e quedaba 4º.

Remataba María Correa que en Féminas Júnior tamén traía para este lado do río Miño o trofeo que lle era concedido o acadar tamén o 2º posto.
FOTOS