Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 5 de mayo de 2018

AITOR 2º, ROI 3º E IKER 3º EN BOIRO




Magnífica tarde de ciclismo hoxe en Boiro donde @s nos@s ciclistas continúan a colleitar postos de honra.

Comenzaba a categoría Promesa con mención especial para Aitor Rodríguez que debuta esta tempada en competición e que en tres carreiras disputadas leva outros tantos pódios contando o 2º posto acadado na tarde de hoxe mentras que na súa segunda carreira Edgar Alonso remataba 11º.

En Promesa pódio tamén para Roi Alvarez que se facía co terceiro posto seguido de Unai Fernández no 5º.

En Alevín 5ª posición para Irene Rodríguez en féminas mentras que en masculino Iker Rodríguez voltaba o pódio rematando no 3º posto mentras que Pablo Rodríguez era 12º, Diego Alvarez 17º e David Vicente 22º.

E mentras isto acontecía en Boiro, Sergio Fernández e David Rodríguez participaban no 5º MiniBTT Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo)  acadando os postos 27º e 30º respectivamente da categoría Infantíl.
FOTOS DE BOIRO

FOTOS DE BEMBRIVE

No hay comentarios:

Publicar un comentario